Tuesday 14 de May de 2024

Touro pon en marcha o Nadal Lúdico


Touro, como cada mes de decembro, pon en marcha o Nadal Lúdico. Durante este mes o Concello de Touro organiza esta actividade para dar aos rapaces e rapazas de tres a doce anos unha alternativa de ocio e de ocupación do tempo de lecer dun xeito máis educativo e lúdico. O Nadal Lúdico terá lugar durante los días 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 10.00 horas á 13.30 horas na Biblioteca Pública, ubicada nos baixos da sede do Concello de Touro, en Fonte Díaz. Esta actividade, que tamén permite conciliar a vida laboral e familiar dos pais de nais de Touro, conta co apoio da Deputación da Coruña.